Silleda, 1 de xullo de 2013. O vindeiro xoves día 11 celebrarase no pavillón polideportivo da Bandeira a Xuntanza de Verán organizada polo Clube do Centro Social dos Maiores. A cita comezará ás 14.00 horas coa celebración dun xantar. O menú estará composto por polbo, carne ó caldeiro, postre e café. O prezo será de 15 euros para as persoas que sexan socias do clube e de 18 euros para os que non estén inscritos na entidade. Logo do xantar, a xuntanza contará con animación musical en directo.
As persoas que estén interesadas en asistir poden anotarse no Centro Social dos Maiores de Silleda, na Casa da Xuventude, ou ben chamando aos números de teléfono 986 592037 ou 986 580064.
Dende o Clube dos Maiores tamén se programaron para este mes de xullo outras actividades informativas sobre cuestións de interese para o colectivo da terceira idade.