– A cita será do 18 ao 25 de maio, con visita a varias cidades e un prezo de 370 euros que inclúe viaxe e pensión completa
O Clube do Centro Social dos Maiores de Silleda vén de programar unha nova excursión. A viaxe será do 18 ao 25 de maio a Peñíscola, (Castellón), visitando tamén varias cidades, como Guadalajara, Castellón, Morella, ou Cuenca. Ademais destas visitas os asistentes tamén terán a oportunidade de gozar de días de praia na Costa de Azahar.
A saída será o mércores 18 de maio ás 06.30 dende A Bandeira e Silleda fronte aos Centros de Saúde. A primeira parada será en Guadalajara, estando prevista a chegada ao hotel sobre o mediodía, onde será o xantar, antes da visita á cidade. O xoves 19 a cita trasladarse a Peñíscola, onde os asistentes terán a tarde libre para visitar a cidade. E nos vindeiros días haberá distintas actividades e visitas ó resto de cidades.
O prezo da excusión é de 370 euros, e inclúe a viaxe en autobús, 7 noites de hotel en pensión completa, seguro de viaxe, e as entradas para visitar o Delta do Ebro e as Covas de San José.
Os interesados en participar poderán anotarse a partires do 31 de marzo chamando ao teléfono 986.581.028, ou achegándose á Casa de Cultura de Silleda en horario de 8:00 a 14:00. Para reservar o número de asento do autocar, será preciso pagar o 50% do prezo da excursión e asignarase atendendo á orde de pago. As prazas son limitadas.