Silleda, 6 de marzo de 2014. Os operarios municipais de Silleda iniciaron hoxe os traballos de acondicionamento da pista do lugar de Xastres, na parroquia de Refoxos. Este vial, que da acceso a varias vivendas, atopábase en moi malas condicións, cun considerable deterioro no asfalto que se agravou coas choivas das últimas semanas. Os traballos consistirán na dotación dunha nova capa de formigón e colocación de mallazo para mellorar este acceso.
O equipo de operarios da concellería de Medio Rural e Servizos, que dirixe Klaus Brey, continuará nos vindeiros días coa reparación deste vial, unha vella demanda dos veciños e veciñas da zona, nas vindeiras xornadas.