Silleda, 14 de marzo de 2015. O Concello de Silleda está a realizar estes días traballos de acondicionamento nos terreos que dan acceso ao cemiterio de Laro, para dotalos como zona de aparcamento.
Ata o de agora este terreo apenas de usaba e moitos usuarios deixaban os vehículos ao pé da estrada. “Con esta actuación damos un novo servizo aos veciños e veciñas da localidade, que disporán de unha ampla zona de estacionamento”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que visitou o lugar xunto co concelleiro de Medio Rural, Klaus Brey.
O rexedor tamén agradeceu a colaboración dos veciños que traballaron carrexando a terra da zona.
Logo de botar zahorra a toda a explanada, procederase a fixar o terreo utilizando o pisón para allanar o terreo. “Nos vindeiros días este novo servizo quedará listo para a parroquia de Laro, que viña demandando esta actuación”, engade Cuiña.
Con estas obras, dende o Concello de Silleda continúase mellorando as infraestruturas do rural, acondicionando espazos de uso público. Así mesmo, os traballos de acondicionamento da explanada tamén veñen a reforzar a seguridade viaria, permitindo aos usuarios deixar os vehículos fora da estrada principal da parroquia, onde se viñan aparcando habitualmente.