O Concello acondiciona un novo roteiro que unirá Carboeiro coa Fervenza do Toxa por Ansemil-Martixe

Silleda, 17 de setembro  de 2016.  Silleda contará cun novo roteiro de sendeirismo para acceder ao entorno da Fervenza do Toxa. O Concello acondicionou en semanas pasadas o camiño que vai dende Martixe –Ansemil ata a parroquia de Pazos, onde se atopa a afamada Fervenza, a máis alta de Galicia en caída libre.

Trátase dun tramo de algo máis de 2 kilómetros e que permitirá tamén realizar a ruta a pé entre o Mosteiro de Carboeiro e a Fervenza do Toxa.

A sinalización deste novo tramo forma parte do proxecto de mellora que se está a levar a cabo no entorno da Fervenza. Así, xa se acometeron as obras de mellora da ponte sobre o río Toxa, situada neste roteiro.

Ademais da colocación de lousas de pedra sobre a ponte, que xa se levou  a cabo, as obras do proxecto neste punto completaránse coa dotación dunha barandilla de madeira que substituirá á actual de ferro.

“Con esta iniciativa contaremos cun aliciente máis para os milleiros de persoas que se achegan a coñecer os nosos dous estandartes turísticos e patrimoniais”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que visitou os traballos xunto co concelleiro de Obras e Servizos, Klaus  Brey.

 

O roteiro, que transcorre por fermosos paraxes pola ribeira do río Toxa, será dotado das correspondentes sinais, así como paneis informativos e hitos, cun deseño e materiais respetuosos co entorno.

Ao mesmo tempo esta ruta servirá para unir o Mosteiro de Carboeiro coa Fervenza do Toxa, nunha alternativa ao coñecido Sendeiro do Deza. “É unha zona moi fermosa á beira do Toxa que anticipa aos visitantes no grande espectáculo que nos ofrece a natureza ao chegar a pazos”, indica o alcalde.

A retirada do tráfico no entorno da Fervenza, coa peatonalización dos accesos, a creación dunha zona de aparcamento (que se conectará cos miradoiros a través dun sendeiro) e a colocación de paneis direccionais nas estradas da contorna e os núcleos urbanos de Silleda e da Bandeira, entre outros, son algunhas das actuacións incluídas no proxecto, cun orzamento de 59.000 euros.

Este espazo natural, con gran diversidade de bosques, está incluido na Rede Natura 2000 e forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza.