O Concello agarda que a alegación dos propietarios da rúa Pintor Colmeiro sirvan para reforzar a tese que xa defendeu o goberno municipal

 

Silleda, 12 de febreiro de 2013. A alcaldesa de Silleda e responsable municipal de Urbanismo, Paula Fernández, ante a preocupación dos propietarios da rúa Pintor Colmeiro pola situación dese tramo no PXOM, lembra que no documento que se remitiu á Xunta no mes de maio, previo ao informe, esa zona “sí figuraba como solo urbano consolidado” algo que xa lle trasladaron a todos aqueles propietarios que viñeron a consultar o Plan Xeral ao Concello e  por iso, anima anima públicamente  a presentar a alegación conxunta “canto antes para así reforzar a proposta que fixemos inicialmente”, engade.  

Como xa se informou noutras ocasións, a Xunta de Galicia decidiu non aceptar esta zona como consolidada baseándose en dúas cuestións: que a rúa se abriu fóra da delimitación do casco urbano de Silleda fixada no PXOM do ano 82, e que a zona, a pesar de contar con tódolos servizos, non está consolidada xa que nos últimos anos apenas se rexistraron novas construccións.

“Nos defendemos que fora catalogada como sólo consolidado e por iso consideramos que as accións que inicien os propietarios, van a ser moi positivas xa que reforzan esta tese”, sinala Paula Fernández.

A alcaldesa remarca tamén que “sabemos con certeza que houbo acordos con anteriores alcaldes cando se abriu esta rúa, que as reclamacións que fan son certas, pero lamentablemente eses acordos non chegaron a plasmarse nun convenio urbanístico que se levara ao Pleno polo que carecen de validez”, sinala.

Di a alcaldesa que “esperamos ademais que este non sexa o único convenio que se asine de cara a mellorar o documento urbanístico, ainda que a súa aprobación conleve unha nova exposición ao público; confiamos que esta nova exposición se poida facer no mesmo periodo de resolución dos informes sectoriais para no retrasar a aprobación definitiva do plan”·

Neste caso, coa alegación seguirase o planteamento inicial do goberno local silledense, que vén defendendo que as aportacións e reclamacións dos veciños deben de servir para mellorar o Plan Xeral, e recordase que as alegación poden tramitarse no departamento de urbanismo ata o vindeiro 17 de marzo.