O Concello agradece a colectivos, anpas e particulares as doazóns ao programa Silleda Solidaria

 

Silleda, 8 de xaneiro de 2015. O Concello de Silleda quere facer público o agradecemento a todas as entidades, colectivos e persoas que ao longo das últimas semanas de Nadal colaboraron co programa municipal Silleda Solidaria, aportando alimentos, xoguetes e xogos, roupa e outros enseres.

Así, recibíronse nos últimos días doazóns de asociacións como Coto do Castelo de Graba, a Anpa Brincadeira da Bandeira, ou a Comisión de Festas de Lamela. Nalgúns destes casos os colectivos organizaron actividades solidarias que se sumaron a outros eventos coordinados dende o Concello, que través do programa de Nadal recolleu aportacións para o programa Silleda Solidaria (caso do concerto aniversario do auditorio da Bandeira ou o torneo de Fútbol de Biberón).

“Temos que facer extensivo o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que asistiron a estes eventos e fixeron as súas aportacións, así coma a todos aqueles que deixaron as súas doazóns nas árbores solidarias”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

Ademais de contribuir a aumentar os fondos do Banco de Alimentos, na campaña de Nadal tamén se recolleron numerosos xoguetes para a campaña “Ningunha familia sen Nadal”, na que tamén colaborou de xeito activo o IES Pintor Colmeiro.