O Concello contará cun equipo de 12 operarios a través do Plan Provincial de Emprego 2013

 

Silleda, 19 de abril de 2013. O Concello de Silleda contará, a través do Plan Provincial de Emprego, con equipo de 12 operarios. Este personal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra  de menos de 50.000 habitantes, adicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan de limpeza, acondicionamento e mellora de infraestructuras.

Así realizarán tarefas nos centros culturais e áreas de lecer do rural, obras de mantemento de viais e reparación de mobiliario urbano, limpeza de rúas, ou acondicionamento limpeza e sinalización de áreas recreativas e turísticas.

O equipo estará composto por 2 peóns de construcción, outros dous de pintor, 4 varrendeiros, 2 xardineiros, e dous traballadores forestais.

A selección será realizada a través do Servizo Galego de Colocación (Oficina de Emprego). Estes contratos serán de intereses social a tempo parcial (25 horas semanais) e terán unha duración de 6 meses, dende o 1 de xuño ao 30 de novembro.