O Concello continua cas melloras nos centros educativos para o inicio do curso

 

Silleda, 27 de agosto de 2015. O Concello de Silleda sigue estes días realizando tarefas de mellora e acondicionamento nos centros educativos do municipio, de cara á posta a punto para o inicio do curso escolar o vindeiro mes de setembro.

Así, logo de realizar estes traballos no CEIP de Silleda, -onde continúan as obras para a dotación do patio cuberto-, o equipo municipal de Obras e Servizos trasladouse xa estes días ao CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira e á Escola Infantil A Galiña Azul.

No caso do CEIP da Bandeira estánse a pintar varias dependencias, ademais de realizar tarefas de limpeza de canalóns e outros traballos solicitados pola dirección do centro.

Tamén no caso da Escola Infantil se está a repoñer pladur danado e a realizar outras tarefas de mantemento.

A concelleira de Educación, Pili Peón, visitou hoxe as dependencias escolares da Bandeira xunto co responsable de Obras e Servizos, Klaus Brey, para supervisar os traballos e atender ás demandas do centro.