Silleda, 4 de outubro de 2019. O Concello de Silleda, adherido ao convenio Marco asinado no ano 2016 entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, acaba de asinar un acordo para levar adiante un dos obxectivos básicos, para a recollida selectiva e a selección de residuos de envases e que se levará a cabo mediante o desenvolvemento de accións específicas entre os pequenos membros que integran o sector HORECA, que inclúe a Hoteis, Restaurantes e Cafeterías.
O alcance desta nova medida é o de chegar a moitos establecementos da hostalaría do Concello, diferentes técnicos van cursar visitas a estes centros, para entregarlles diverso material , xa ben sexa con reparto de recipientes, ou información para a correcta recollida selectiva de envases lixeiros (colector amarelo).
O establecemento voluntariamente se sumará a esa entrega de material, así como as condicións de participación no proxecto, que inclue a entrega de distintivos a los locais.
O obxectivo e informar e formar ao personal dos establecementos e a entrega de medios para a recollida selectiva
O Concello de Silleda comprométese a garantizar a prestación deste servizo en particular, facilitando a relación de establecementos do sector, que inclúe hoteis e hostais, restaurantes, casas de Turismo Rural e cafeterías e a promover a correcta utilización e uso dos materiais entregados.
“Dende o Concello de Silleda agradecemos a colaboración de Xunta deGgalicia e Ecoembes e do sector hostaleiro cos que continuaremos avanzando na correcta recollida e selección de residuos, logo de medidas importantes como a implantación da recollida selectiva no rural”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.
Plásticos Agricolas e sesións nos centros escolares
Por outra banda, e dentro do paquete de medidas encamiñadas á mellora na recollida de residos, dende os departamentos municipais de Medio Ambiente e de Medio Rural, que dirixen Klaus Brey e Jesús Taboada, respectivamente, tamén está en marcha a Recollida de Plásticos Agrícolas e de Invernadoiro porta a porta, que este ano chega a súa XI edición na campaña de Outono. O o prazo para recoller os avisos remata o vindeiro 11 de Outubro e a recollida vaise realizar entre os días 15 e 19 de outubro.
O paquete de medidas habilitado polo Concello de Silleda inclue tamén a realización dun ciclo formativo sobre a Recollida de Lixo que se celebrará nos dous ceip de Silleda e A Bandeira, no Colexio Mª Inmculada e no IES Pintor Colmeiro situados de Silleda os días 15 e 16 de xaneiro. En total recibirán información e formación sobre esta problemática moi relacionada co plástico un total de 300 alumnos comprendidos en idades entre os 8 e os 16 anos.