-As solicitudes poden presentarse por Rexistro ou por Sede Electrónica ata o 20 de maio . O servizo prestarase entre o 23 de xuño e a víspera do inicio do novo curso en setembro.
Silleda, 26 de abril de 2022. A Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre este venres día 29 o prazo de inscrición para o campamento de verán, que se celebrará nas instalacións do CEIP Plurilíngüe de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, entre o 23 de xuño e a véspera do inicio do próximo curso, en setembro.
As inscricións deben de realizarse no Rexistro Xeral do Concello (de 09:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica, dende o venres e ata o 20 de de maio, como data límite.
Poderán participar nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no Concello de Silleda. A selección realizarase de acordo do regulamento do servizo, no que se prima, entre outros, as necesidades de conciliación das familias.
O horario do servizo será -de luns a venres- 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto ca folla de inscrición deberá de achegarse unha serie de documentación que estará dispoñible na web municipal (www.silleda.gal). Os nenos e nenas que xa estén participando no Servizo Lúdico deberán de presentar documentación distinta das novas altas que se den para o verán.
“Con este servizo continamos apostando por facilitar a conciliación das familias”, apunta a concelleira sobre esta iniciativa de verán incluida tamén no Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda.
A continuación ofrécense os formularios a presentar:
- INSCRICIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN 2022
- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A INSCRICIÓN NO CAMPAMENTO
- AUTORIZACIÓN DE DOMICILIACIÓN DE RECIBOS
- anexo II declaración xurada