-As solicitudes poderán presentarse dende o vindeiro luns día 18 e ata o 31 de xullo
Silleda, 15 de xullo de 2022. O Concello de Silleda a través da Concellería de Educación, que dirixe Ángela Troitiño, abre o prazo de inscrición para participar no Servizo Lúdico Educativo durante o curso escolar 2022-2023.
Este servizo, de apertura de centros escolares fóra das horas lectivas, é para o alumnado de 3 a 12 anos (Infantil e Primaria) empadroados no municio. As inscricións poderán facerse de xeito presencial no Rexistro Municipal en horario de 09:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica do Concello.
O prazo de presentación das solicitudes é dende o luns 18 de xullo ata o sábado 31 de xullo (ambos inclusive).
O horario do servizo será de luns a vernes de 15:00 a 21:00 horas, e os días non lectivos (non festivos) de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Os formularios para a inscrición estarán dispoñibles no Rexistro Municipal e tamén na páxina web do Concello (www.silleda.gal), a continuación desta entrada. A selección dos nenos e nenas participantes realizarase dacordo ao regulamento deste servizo municipal.
Así mesmo, aclarase que esta inscrición só é para a participación na atención aos menores durante o curso escolar, sen incluir as inscricións para os campamentos de Nadal e de Verán que se prestan a través deste mesmo servizo.