-
As solicitudes poderán presentares dende o 23 de xullo ata o 5 de agosto no Rexistro municipal ou na sede electrónica
O Concello de Silleda, a través da Concellería de Educación que dirixe Ángela Troitiño, abre o prazo de inscrición para participar no Servizo Lúdico Educativo durante o curso escolar 2024-2025.
Este servizo, de apertura de centros escolares fóra das horas lectivas, é para o alumnado de 3 a 12 anos (Infantil e Primaria) empadroados no municipio. Só se aceptarán menores non empadroados en Silleda cando existan prazas libres e non serán aplicables os descontos nas taxas, tal e como se estipula na normativa municipal.
As inscricións poderán facerse de xeito presencial no Rexistro Municipal en horario de 09:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica do Concello.
O prazo de presentación das solicitudes é dende o martes 23 de xullo ata o luns 5 de xullo (ambos inclusive).
O horario do servizo será de luns a venres de 15:00 a 21:00 horas, e os días non lectivos (non festivos) de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Os formularios para a inscrición estarán dispoñibles no Rexistro Municipal e tamén na páxina web do Concello, a continuación desta entrada. A selección dos nenos e nenas participantes realizarase da cordo ao regulamento deste servizo municipal.
Así mesmo, aclarase que esta inscrición só é para a participación na atención aos menores durante o curso escolar, sen incluír as inscricións para os campamentos de Nadal e de Verán que se prestan a través deste mesmo servizo.
FICHA INSCRICIÓN SERVIZO LÚDICO
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A INSCRICIÓN NO SERVOZ LÚDICO