O Concello de Silleda abre o prazo para solicitar o programa “Silleda Concilia” durante o Curso Escolar 2025-2026

  • Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no municipio. A documentación está dispoñible na web municipal e no Rexistro Xeral.

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar en Silleda Concilia, o programa municipal de conciliación familiar durante o curso escolar 2025-2026, impulsado pola Concellería de Educación que coordina Ángela Troitiño.

Dirixido a alumnado de Educación Infantil e Primaria (de 3 a 12 anos) empadroado no municipio, o programa permite a apertura dos centros escolares fóra do horario lectivo, ofrecendo actividades e atención educativa.

As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou a través da sede electrónica municipal.

O programa funcionará de luns a venres de 15:00 a 21:00 horas. Ademais, os días non lectivos (agás festivos) estará dispoñible de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Os formularios de inscrición están dispoñibles tanto no Rexistro como na páxina web do Concello, a continuación desta publicación. A selección das persoas participantes realizarase segundo o regulamento vixente do programa.

Lémbrase que esta inscrición refírese unicamente ao curso escolar e non inclúe os campamentos de Nadal e Verán, que se ofertarán noutras datas a través do mesmo programa.

Silleda Concilia forma parte do  Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, que promove a igualdade e facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias galegas.

Xa podes descargar o seguinte formulario no seguinte enlace: