O Concello de Silleda abre o proceso para contratar unha persoa como guía turístico para a oficina de Carboeiro de xullo a novembro

 

-Esta contratación realízase ao abeiro da subvención da Deputación de Pontevedra, a través da rede Info Rías Baixas

Silleda, 13 de xuño de 2020.  O Concello de Silleda vén de iniciar o procedemento para a contratación temporal dunha persoa como guía turístico no Mosteiro de Carboeiro. Esta contratación realízase ao amparo da subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra para o reforzo na atención de rede de oficinas Info Rías Baixas, da que forma parte este coñecido enclave silledense.

Unha vez publicado o anuncio na xornada de hoxe, 13 de xuño, as persoas que cumpran os requisitos esixidos nas bases deberán de presentar no Rexistro Municipal a solicitude para participar no proceso, nun prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación.

As bases que regulan todo o procedemento, e que foron aprobadas en Xunta de Goberno Local, poderán consultarse na web. Unha vez publicada a relación de persoas admitidas, celebraránse as probas consistentes nun exame escrito e unha entrevista.

O contrato será por 5 meses, dende xullo ata novembro, reforzando a atención no Punto de Información Turística de Carboeiro. Por outra banda o Concello ten previsto proceder nos vindeiros días á apertura de

 

Carboeiro, con entrada limitada e respetando o protocolo establecido pola rede Info Rías Baixas, que dotará asimismo de material de protección e de formación ao personal que atende o centro.

O Concello de Silleda xa procedeu nos últimos días a realizar tarefas de limpeza no exterior así como a limpeza e desinfección das dependencias monacais, onde se ubica a oficina e a sala de exposición para a apertura nos vindeiros días.