O Concello de Silleda abre un proceso urxente para contratar catro auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar

 

O Concello de Silleda acaba de abrir un procedemento excepcional de contratación laboral temporal para cubrir catro prazas de auxiliares de axuda no fogar (SAF), debido á imposibilidade de cobertura mediante as actuais bolsas municipais vixentes.

O proceso terá carácter urxente e excepcional, e desenvolverase do seguinte xeito: as prazas cubriranse por orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, sempre que as persoas aspirantes cumpran os requisitos mínimos establecidos.

Entre estes requisitos figuran:
• Estar en posesión do Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Fogar ou equivalente
• Ser maior de idade
• Estar dispoñible de forma inmediata para a contratación
• Dispoñer de medios propios de desprazamento aos domicilios asignados
O prazo para presentar as solicitudes será de cinco días naturais contados desde a publicación deste anuncio.

Dende o Concello lémbrase que esta contratación ten carácter urxente, temporal e excepcional, polo que non supón dereito de permanencia nin inclusión en futuras bolsas de emprego.
As persoas interesadas poden obter máis información no taboleiro de anuncios do Concello de Silleda ou a través da súa sede electrónica en www.silleda.gal