Silleda, 28 de outubro de 2014. O Concello de Silleda acomete estes días tarefas de limpeza e adecentamento na área do Muiño de Covián, na parroquia de Rellas.
Así, xa se desbrozou o camiño que da acceso dende a estrada N-640 a este enclave natural e de esparcemento. Tamén se limpou todo o entorno do muiño, que preside este fermoso entorno xunto ao cauce do río Toxa, incluindo a zona recreativa onde se atopan as mesas e bancos de madeira.
“Con esta actuación tratamos de manter unha das áreas recreativas situadas nun entorno privilexiado do municipio de Silleda, que están a descubrir tanto veciños como visitantes”, apunta o alcalde, Manuel Cuiña.
A área completouse o ano pasado, coa dotación dunha pasarela de madeira que une as dúas beiras do río Toxa, dando acceso ao muiño de Covián. Ademais da pasarela de madeira, tamén se procedu á sinalización deste paraxe. O muiño de Covián data do ano 1810, e está considerado coma o maior da comarca do Deza, con 4 moas e cunha superficie de 82 metros cadrados.
Tamén se colocaron paneis informativos, sobre este entorno, preto da Ponte da Pedra, en Chapa, a apenas 100 metros da área, e xunto ao Camiño de Santiago.
Ata 300 kilos ao día e un entorno de 11.500 metros
Polas súas dimensións e entidade, o de Covián é un dos muíños máis destacados da comarca. Tal foi a súa importancia durante o século XIX que, coas 4 moas, chegou a moer ao día 300 kilos de gran. O muíño está rodeado dun entorno natural e paisaxístico de 11.500 metros, unha área xa visitable a pé grazas á pasarela de madeira que une todo o entorno.
O Concello de Silleda iniciou a súa recuperación no ano 2007, durante o mandato de Paula Fernández, a través do Obradoiro de Emprego Ponte da Pedra I, que contou cos módulos de forestal, canteiría e carpintería.