Silleda, 26 de agosto de 2016. O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, está a arranxar os viais de Santa Mariña (Graba), Sestelo e o de Cascaxide a Sar, na parroquia de Escuadro. Estas actuacións están inclídas no Plan Marco deste ano baixo o título "Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Explotacións Agrarias 2016 (AGADER)"
O concelleiro Klaus Brey e o alcalde, Manuel Cuiña, visitaron hoxe os traballos no lugar de Sar, que continuarán nos vindeiros días. Os tramos estanse acondicionando coa dotación dun novo firme, con aglomerado en quente, á vista do grave deterioro que viñan sufrindo.
“Trátase de dúas vías de comunicación situadas nunha zona con moitas e importantes explotacións gandeiras, co que o tránsito de maquinaria pesada también afecta ao deterioro más rápido destes viais”, indica o alcalde.
Unha vez rematados os traballos entre Cascaxide e Sar, as obras trasladaranse á pista de Sestelo.
Con estos traballos o Concello de Silleda continúa a dar resposta na mellora de infraestruturas e servizos no rural, investindo neste caso na mellora de viais.