Silleda, 28 de outubro de 2016. O Concello de Silleda está a acometer estes días traballos de desbroce e limpeza da maleza no parque empresarial Área 33 de Silleda. Operarios municipais procederon a realizar estas tarefas, tal e como se acordara o pasado mes de setembro nunha xuntanza coa directiva de empesarios silledenses.
Deste xeito, dende o goberno municipal continúase a dar resposta no tocante ao mantemento de vías, unha vez realizados os traballos de desbroce no rural.