Silleda, 10 de xuño de 2020. O Concello de Silleda vén de iniciar nos últimos días unha serie de obras de mellora no campo de fútbol de Mularedos, na parroquia de Lamela.
Operarios municipais están a realizar a reforma dos aseos, que se atopaban en mal estado, aos que se dotará de novos sanitarios, entre outros. Tamén se procederá a realizar outras melloras nas instalacións, entre elas o reforzo do muro exterior.
Tamén meses días se continúa coa instalación da bomba e o sistema de tubaxes para o rego de campo, tarefa para a que se dotou ao campo de fútbol dun pozo de barrena, logo da autorización correspondente de Augas de Galicia.
Nas próximas semanas quedarán listas estas obras cas que o Concello de Silleda aproveita o parón na competición para realizar reformas en instalacións públicas.
O campo de fútbol do Lamela C.F, foi remodelado íntegramente no ano 2012, dotando o terreo de xogo de herba natural. Coa mellora no rego lograrase un mellor coidado e adecuación deste campo, un dos catro adicados ao fútbol cos que conta o municipio de Silleda.