Silleda, 12 de setembro de 2013. O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Servizos, que dirixe Klaus Brey, está a acometer traballos de reparación nunha pista do lugar de A Cruz, na parroquia de Chapa. Esta actuación, que está previsto rematar nos vindeiros días, realízase a través do turno de maquinaria da Mancomunidade Terras do Deza que lle corresponde ao Concello.
O pisón, a pala, a motoniveladora e o camión da mancomunidade, xunto con operarios municipais , veñen traballando dende hai varios días neste lugar de Chapa, onde o vial se atopaba en moi malas condicións para o paso de vehículos.
Unha vez que rematen as obras en A Cruz está previsto que a maquinaria da Mancomunidade se traslade á parroquia de Escuadro para realizar outra actuación, Martixe e probablemente Breixa.