-A Xunta de Goberno vén de dar luz verde ao convenio con Afapo. Os obradoiros de terapia cognitiva comezarán a vindeira semana na Casa da Xuventude, con 24 persoas usuarias.
Silleda, 5 de febrero de 2022. O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) continuará ao longo deste ano no municipio.
A Xunta de Goberno acordou aprobar novamente o convenio de colaboración coa entidade, que vén impartindo este programa desde 2014 no municipio. O Concello de Silleda destinará a este programa un total de de 17.390 euros.
“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senon tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala o alcalde destacando que a posta en marcha desta iniciativa é “unha clara aposta deste goberno polas políticas sociais”, engade.
Esta previsto que na vindeira semana, unha vez rematadas as valoracións por parte do personal especializado de Afapo, comecen a impartirse os obradoiros de estimulación cognifitiva para as persoas aqueixadas de alzhéimer e outras demencias que continuarán ata final de ano na Casa da Xuventude. Esta é unha das actividades que se vén desenvolvendo con este programa, ao igual que os cursos para familiares e coidadores/as.
As sesións terán lugar todos os martes e xoves, en dúas quendas, nas que se repartirán as 24 persoas que participarán este ano no programa, cun claro obxectivo de prevención da enfermidade.
Dende o Concello de Silleda tratarase de realizar ademais unha campaña informativa sobre este programa, “para tratar de chegar a máis poboación xa que sabemos da incidencia que ten esta enfermidade e que temos, por desgracia, máis usuarios e usuarias potenciais”, engade o alcalde.
Obxectivos
Dende AFAPO, o seu presidente José Manuel Fontenla explíca que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situaciónns de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.
A mellora da calidade de vida , tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta ou a apertura do Centro de Día e Residencia”, sinala a concelleira Ángela Troitiño.
Tamén está previsto na programación deste ano a celebración de charlas informativas abertas ao público en xeral.