-O prazo de inscrición para participar vai dende o 20 de xuño ao 4 de xullo
-Este ano o servizo contará con dous programas distintos, un para estadías diurnas e o outro con pernoctacións nos hoteis
Silleda, 15 de xuño de 2016. O Concello de Silleda, a través da Concellería de Benestar ben de adherirse ao programa Depotermal da Deputación de Pontevedra, que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, entre as que se atopan aquelas necesitadas de respiro familiar e social, con estadías en oito balnearios e spas da provincia de Pontevedra.
Depotermal contará con dous programas distintos. O primeiro para estadías diúrnas nos balnearios, con tratamentos de luns a venres, e o segundo incluirá a pernoctación nos hoteis.
A estadía diúrna conta con 1.248 prazas, as cales contarán con unha puntuación para acceder ao programa, en función das rendas económicas dos pensionistas ou das persoas necesitadas do denominado "respiro social".
O segundo programa, no que os participantes pasarán cinco días de estadía nos balnearios coas súas respectivas noites, (tamén de luns a venres), oferta un total de 3.186 prazas.
As solicitudes para participar en calquera dos dous programas deberán presentarse nas dependencias de Servizos Sociais do Concello de Silleda a partires do vindeiro luns 20 de xuño e ata o 4 de xullo. Para máis información, os interesados poden chamar ao 986 592037.