Silleda, 13 de xuño de 2016. O Concello de Silleda ven de firmar a compra do quiosco situado na Avenida do Parque, xestionado no seu momento por Cogami e que agora era propiedade da Rede Galega de Kioskos, empresa actualmente en liquidación.
O goberno trasdezá chegou a un acordo coa administración concursal para a adquisición da caseta, actualmente paralizada, así coma do mobiliario e accesorios existentes no seu interior.
Nos vindeiros días terá lugar a recollida das chaves, e comezarán os estudios para ver o uso ao que se destina esta propiedade.