O Concello de Silleda adxudica a obra de ampliación do parque da Bandeira á empresa Sotega Noroeste

A empresa Sotega Noroeste executará os traballos por un importe de 38.259,39 euros

Incrementaranse os equipamentos existentes con máis xogos e unha pista multideporte

Tamén está en licitación a instalación dun skate park e doutra pista multideporte en Silleda

 

O Concello de Silleda vén de adxudicarlle á empresa Sotega Noroeste S.L. as obras necesarias para ampliar o parque de xogos da praza da Feira da Bandeira,  por un importe total de  38.250, 39 euros, que   financiará o  Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. Sotega Noroeste S.L. presentou a mellor oferta no proceso, ao que concorreron un total de 15 empresas.

Os novos xogos instalaranse no espazo da praza que quedou baleiro pola  demolición da vivenda existente na mesma, que foi adquirida polo Concello. “O urbanismo ben entendido debe reordenar espazos para facilitar o seu desfrute por parte da cidadanía, e esta obra é o mellor exemplo. Recuperamos superficies públicas  para a nosa rapazada”, sinalou a alcaldesa e responsable de Urbanismo, Paula Fernández.

Os traballos que se realicen incluirán a instalación de dous bambáns tradicionais destinados á poboación máis nova, así como un balancín de resortes, que incrementarán a oferta de xogos do parque remodelado hai un ano cun investimento de máis de 100.000 euros.

Ademais, no mesmo espazo construirase unha pista mutideporte equipada con porterías e canastras, que ocupará un espacio de 12x 6 metros, e que lle dá resposta a unha das demandas presentadas pola rapazada usuaria do parque.

As obras iniciaranse de maneira inmediata para compaxinar este traballo coa finalización dos traballos de mellora e de humanización da praza, na zona da rúa do Entroido, que se están a levar a cabo grazas ao plan DUS 5000.

Hai que salientar que nestes momentos está en proceso de licitación a instalación dun skate park e doutra pista multideporte en Silleda.