Está dirixido a alumnado de 3 a 12 anos empadroado en Silleda //
A documentación pode atoparse na web municipal e no Rexistro Xeral //
O Concello de Silleda, a través da Concellería de Educación que dirixe Ángela Troitiño, amplía ao longo desta semana o prazo de inscrición para participar no Servizo Lúdico Educativo durante o curso escolar 2024-2025. As solicitudes poderán facerse ata o venres 9 de agosto.
Este servizo, de apertura de centros escolares fóra do horario lectivo, diríxise ao alumnado de 3 a 12 anos (Infantil e Primaria) empadroados no municipio. Só se aceptarán menores non empadroados en Silleda cando existan prazas libres. Neste caso, ademais, non serán aplicables os descontos nas taxas, tal e como estipula a normativa municipal.
As inscricións poderán facerse de xeito presencial no Rexistro Municipal en horario de 09:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica do Concello.
O horario do servizo estenderase de luns a venres de 15:00 a 21:00 horas, e os días non lectivos (non festivos) de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Os formularios para a inscrición estarán dispoñibles no Rexistro Municipal e tamén na páxina web do Concello, a continuación desta entrada. A selección dos nenos e nenas participantes realizarase de acordo ao regulamento do servizo municipal.
Aclaramos, por outro lado, que esta inscrición só serve para participar da atención aos menores durante o curso escolar, sen incluír as inscricións para os campamentos de Nadal e de Verán que se prestan a través deste mesmo Servizo Lúdico Educativo.
FICHA INSCRICIÓN SERVIZO LÚDICO
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A INSCRICIÓN NO SERVOZ LÚDICO