Silleda, 18 de xuño de 2019. O Concello de Silleda vén de iniciar o proceso de contratación para cubrir varios postos de xeito temporal na campaña de verán. Así, onte luns publicouse o anuncio para cubrir un posto de socorrista para as piscinas municipais, que complementará a contratación doutros dous a través do Servizo Galego de Emprego, con cargo á subvención da Xunta a para contratación de traballadores en en colaboración cas entidades locais. A contratación será por tres meses.
Ademais convócase tamén outras dúas prazas de tractorista por acumulación de tarefas. Os contratos, tamén a xornada completa son temporais, por tres meses. Neste caso o prazo para presentarse á convocatoria é de tres días, rematando o venres.
Por outra banda, tamén se ven de convocar a praza de guía turístico para a atención no mosteiro de Carboeiro, con cargo á subvención da Deputación de Pontevedra para contratar personal de atención da oficina turística sita no Mosteiro de Carboeiro, no marco da rede Info Rías Baixas. A contratación neste caso será por 5 meses, ata decembro. Os aspirantes deben cumprir unha serie de requisitos, entre eles, estar en posesión deo título de Ciclo Superior en Guía , Información e Asistencias Turísticas.
As bases dos tres procesos, así coma os anexos e outra información están publicadas na web municipal (silleda.gal), no apartado Perfil do Contratante (Servizos) , no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica.