Silleda, 11 de marzo de 2020. O goberno municipal de Silleda deciciu suspender a excursión programa para o vindeiro mes (entre o 19 e o 25 de abril) con destino Portugal, -en concreto ao Algarve- que se organizada dende o departamento municipal de Benestar en colaboración co Club do Centro Social dos Maiores. Esta medida adoptouse á vista da suspensión por parte do Goberno central de todas as viaxes do Imserso polo prazo dun mes.
Adoptase como medida preventiva debido á situación que se presenta con motivo da propagación do Covid-19 aínda que se descarta a súa celebración para despois do verán, e segundo se vaian sucedendo os acontecementos e en virtude das medidas que adopten as autoridades competentes en materia de Sanidade.
Por outra banda o goberno municipal manterá mañá xoves unha xuntanza para estudar as posibles medidas a adoptar como prevención fronte ao chamado coronavirus.
“De momento non hai ningunha directriz pero con ánimo de estar preparados e prevenidos xa nos últimos días se estiveron adoptando decisións”, indica o alcalde.
Estas cuestións serán abordadas mañá na xuntanza do executivo local, que tamén ten previsto reunirse cos representantes do personal municipal.