Silleda, 8 de xullo de 2015. O Concello de Silleda iniciou hoxe o turno de maquinaria da Mancomunidade Terras do Deza. Así, durante as próximas semanas actuarase sobre varias vías e infraestruturas municipais.
O plan de traballo destas máquinas iniciouse hoxe na parroquia de Manduas, coa limpeza e mellora do camiño que une os lugares de Pedrouzo e Andamollo.
Tamén se arranxará nestes días a pista de Pedrouzo (dende a estación de servizo) e se procederá a limpar a fonte de Ferrozos que se atopa nas inmediacións desta zona.