Silleda, 25 de outubro de 2016. O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, está a realizar estes días traballos de limpeza de cunetas en varios puntos do rural. Así, estase a traballar en lugares como Mourelos, preto de Silleda, e Siador (na pista de Cóscaros). Estas actuacións responden a peticións veciñais para evitar o encharcamento dos camiños e tamén os danos na infraestrutura viaria, sendo parte dos traballos de mantemento que realiza o Concello.