Silleda, 14 de marzo de 2017. O Concello de Silleda cedeu hoxe o Centro de Saúde da localidade á Consellería de Sanidade. O alcalde, Manuel Cuiña, asinou en Santiago xunto con outros rexidores galegos, o acordo de cesión deste centro á Administración Autonómica, representada polo conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña.
En virtude deste convenio, o Servizo Galego de Saúde pasará a asumir os cuestes de mantemento do Centro de Saúde de Silleda. No caso do Centro de Saúde da Bandeira, segundo se informou dende a Consellería, a cesión dos gastos realizarase nunha nova fase xunto con outros consultorios.
O convenio debe ser ratificado no Pleno e entrará en vigor o mesmo día en que eleve a escritura pública a inscrición no Rexistro da Propiedade desta cesión patrimonial, preva autorización do Consello da Xunta.
En canto ao persoal, dende a Consellería aclárase que se estudiará caso por caso o futuro dos traballadores/as ascritos ata o de agora aos Concellos.
“Despois de máis dunha década de intentos, parece que hoxe se cumple o acordo establecido ao abeiro do Pacto Local para que o Sergas asuma os gastos que lle corresponden”, indica Cuiña. O acordo entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para establecer o contido e desenvolvemento do chamado Pacto Local, no que se inclúe a asunción dos gastos de mantemento dos centros de saúde, asinouse en decembro de 2006.
“Agardamos que a cesión do Centro de Saúde de Silleda que hoxe asinamos sexa para ben e que se faga efectiva no menor prazo de tempo posible”, indica o alcalde silledense.
O Concello de Silleda vén asumindo dende a súa creación os gastos de limpeza, calefacción e mantemento en xeral dos dous centros de saúde existentes no municipio.