- A Xunta de Goberno local adxudicou a Rosa Mar Caamaño Alvite dous dos lotes, reforzando o servizo municipal de desbroces durante o periodo de verán
A cidadanía pode consultar aquí na web municipal o calendario cas previsións de traballo de desbroce do departamento de Medio Rural
Silleda, 7 de maio de 2024.- O Concello de Silleda vén de asinar o contrato para o servizo de roza e limpeza das cunetas, beiravías e noiros dos camiños de competencia municipal á Rosa Mar Alvite Caamaño. A Xunta de Goberno local adxudicou a esta empresaria dous dos 4 lotes nos que se divide o extenso territorio municipal para a campaña de realización das vías municipais asfaltadas, durante o periodo de verán que arranca o vindeiro día 13.
O lote 1, ao que pertencen as parroquias de Dornelas, Piñeiro, Manduas, Cira, Cervaña, Lamela, Moalde e Escuadro (con 116.000 metros lineais) foi adxudicado por 24.563 euros (IVE incluido). No lote número 2 cun total de 63.000 metros lineais, figuran as parroquias de Abades, Chapa, Pazos, Ansemil, Breixa, Martixe, Rellas, Margaride, Silleda e Fiestras, e foi adxudicado por 13.340,25 euros. A empresa realizará os traballos nun prazo de dous meses (prorrogable a tres).
As brigadas municipais encargaránse ata setembro das 15 parroquias restantes (Carboeiro, Saídres, Negreiros, O Castro, Ponte, Vilar, Xestoso, Graba, Siador, Taboada, Cortegada, Refoxos, Parada, Laro e Oleiros) a través dos tres tractores cos que conta o Concello e despois de que se incorporaran o pasado mes de abril dous tractoristas contratados a través do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra. Así mesmo, a brigada municipal tamén continuará encargándose de acondicionar campos das festas durante os próximos meses.
Os traballos nas pistas asfaltadas comezarán o vindeiro luns día 13, nas parroquias de Parada e Fiestras. O calendario previsto, así como os traballos realizados polo tractorista municipal dende o pasado mes de xaneiro, poderán consultarse na web municipal (a continuación desta nova)
Despois do verán
Unha vez rematado o verán, serán os tres tractores municipais os encargados de continuar ata decembro en todas as parroquias as labores de limpeza nas vías asfaltadas.
Este calendario, deseñado a partir da sinatura do contrato de reforzo durante o verán, configurouse tendo en conta as festas que se celebran dende xuño a setembro, a zonificación do territorio, o reparto de lotes cos correspondentes medios, o descanso do persoal, e os tempos estimados en cada localidade polos profesionais do servizo, entre outros.
A campaña nas pistas asfaltadas chega unha vez que dende xaneiro se teñen desbrozado co tractor pistas de terra, zahorra e accesos a explotacións así como espazos turísticos e outros para a realización de festas ou eventos como os que se celebran no recinto da Semana Verde.
A incorporación de dúas persoas á plantilla municipal dende abril, permitiu intensificar estes traballos, que se prorrogarán ata final de ano ca calendarización prevista. Así, dende setembro e ata decembro os tres tractores municipais continuarán con estas labores en todo o termo municipal. A continuación está o arquivo co calendario: