-A actividade consistirá nun “Bautismo a cabalo” que se celebrará nas tardes do sábado 18 e domingo 19
Silleda, 15 de xuño de 2016. Coincidindo co desenrolo das actividades do Salón Internacional do Cabalo de Silleda e o II Campeonato de España PRE-ANCCE/Equina-Galicia 2016, que se celebrará os vindeiros días 17, 18, e 19 de xuño no Recinto da Feira Internacional de Galicia, o próximo sábado o Comité Organizador de Equina Galicia, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Silleda, inaugurará o Poniclub.
Esta actividade está indicada para os nenos dos centros escolares do municipio e o bautismo a cabalo por parte dos máis xoves. Así poderán ter a súa primeira experiencia a cabalo ou poni. O Poniclub estará situado nunha zona moi delimitada e dirixida por coidadores, técnicos en equitación, e tamén xinetes-profesores.
Dende a organización de Equina 2016 consideran que é unha boa relación a dos cabalos cos nenos, xa que está contrastado o seu benestar, por medio da equinoterapia, como así o confirma a Fundación Española “El Caballo Ayuda”.
Aos rapaces asistentes faráselles entrega dun bonito regalo en forma de diploma, co recordo da súa asistencia e experiencia.
Esta actividade levarase a cabo o sábado 18 a partires do mediodía e hasta ben entrada a tarde. O domingo repetirase cos mesmos horarios.