O CONCELLO DE SILLEDA COLABORA XUNTO CO PEDRÓN DE OURO NA ORGANIZACIÓN DA XLVI EDICIÓN DO PREMIO DE NARRACIÓNS CURTAS “MODESTO RODRÍGUEZ FIGUEIREDO” (2020).

O Concello de Silleda formará parte xunto coa Fundación Padroado Pedrón de Ouro na organización da LXVI Edición do Premio de Narracións Curtas “Modesto Rodríguez Figueiredo”. Como é ben sabido este Premio de Narracións, o de máis anos en Galicia, ten carácter itinerante e así facer convocatoria e organización cada ano coa colaboración dun Concello galego. Os dous anos anteriores foi o Concello de Mazaricos en 2018 e o 2019 realizouse en Sta Uxía de Ribeira. Este ano  a organización corre a cargo do Concello de Silleda. O prazo para presentar as obras remata o vindeiro 20 de novembro . A este Premio concorren en cada convocatoria sobre sesenta e cinco orixinais destacando que en boa parte as obras son de autores e autoras novas. Mesmamente aos gañadores e ás gañadoras deste Premio , segundo a crítica literaria galega, coñécense como “ Xeración Pedrón”.  O Xurado estará composto por un representante do Concello de Silleda, un membro da Asociación de Escritores e de Escritoras en Lingua Galega, un membro do PEN CLUBE de Escritores e Escritoras de Galicia, a escritora Estibaliz Espinosa (gañadora da edición do 2019), o Presidente do Pedrón de Ouro e o Secretario da Fundación do Pedrón de Ouro que fará a función de Secretario do Xurado ( con voz e sen voto).O Premio fallarase a poder ser na segunda quincena do mes de decembro de 2020 e entregarase en data e lugar que así o estime o Concello de Silleda e salientar que segundo as Bases, a gañadora ou o gañador do Premio, así como os ou as merecentes de Acceses ( se así o estima o Xurado) deberán recoller en persoa os seus premios no Acto de Entrega que organizará o Concello de Silleda e que se comunicará oportunamente.

O premio Modesto R. Figueiredo foi presentado  nas dependencias do Concello de Silleda polo secretario da Fundación Pedrón de Ouro, David Otero, o alcalde, Manuel Cuiña e a concelleira de Cultura, Mónica González. Velaí as bases do certame