Silleda, 18 de outubro de 2013. O Concello de Silleda comezou xa a traballar no deseño da programación de Nadal 2013-2014. Así, esta tarde celebrouse na Casa da Xuventude a primeira reunión á que acudiron todos os membros do goberno local e técnicos municipais de distintos departamentos, co fin de iniciar os preparativos para o calendario de actividades.
O programa, para o que se celebrarán novos encontros e se contará tamén coa participación de distintos colectivos e asociacións, volverá contar con actividades xa clásicas, coma a Cabalgata de Reis, os concertos de Nadal e Ano Novo, obradoiros para os máis pequenos e outras novidades.
O Nadal é unha das épocas con maior actividade lúdica e cultural no municipio, con oferta para todas as idades e propostas que implican a todos os departamentos do Concello.