Silleda, 19 de febreiro de 2019. O Concello de Silleda comezará a sancionar aos condutores que non respetan as sinais colocadas no entorno da Fervenza do río Toxa, na parroquia de Pazos, onde hai xa varios meses que se levou a cabo unha reordenación dos accesos.
“Visto que moitos visitantes non están a respetar a sinalización que se instalou cando se abreu o parquin, e obvian o sinal que prohíbe a circulación na pista hacia Quintás e o miradoiro –agás aos residentes-, e visto que ademais seguen a aparcar en fincas privadas, vémonos na obriga de comezar a sancionar”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.
Cuiña lembra tamén os perxuizos que están a sufrir os veciños da parroquia, “que durante anos viñan reclamando unha solución e que seguen vendo como pese a todo o que se fixo seguen a ser moitos os visitantes que non respetan a reordenación levada a cabo”.
Así mesmo, na pasada fin de semana detectáronse no entorno da Fervenza graves danos, probablemente froito da acción vandálica. Así, ademais de rachar a barreira de madeira situada ao inicio do camiño peonil que baixa á fervenza, tamén roubaron parte da barrandilla de madeira situada no tramo da presa.
“Lamentamos profundamente que unha vez máis o mobiliario público, e moi especialmente nun entorno coma este, volva sufrir este tipo de ataques”, indica o alcalde, que apela “unha vez máis á colaboración cidadá para dar co autor ou autores destes actos”, explica.
“Hai dous anos comezamos a actuar retirando o tráfico deste entorno natural protexido, unha medida que consideramos de interese xeral, para evitar danos e situacións de perigo que se tiñan producido, con persoas que se arriscaban incluso baixar en coche case ata o pé da fervenza”, explica o alcalde. Coa retirada do tráfico (colocáronse duas barreiras de madeira que impiden o paso de vehículos) tamén se buscaba evitar danos no camiño de baixada e no entorno natural, incluido na Rede Natura 2000. O proxecto incluiu tamén a dotación de sinais da fervenza e de Carboeiro dende distintos puntos e a mellora do sendeiro colocando travesas e barandas de madeira.
A concelleira de Turismo, Ana Luisa González, explica que “o seguinte paso foi dotar a zona dun estacionamento e crear un novo acceso ata o miradoiro, con intención de seguir mellorando conscientes da imporante deste lugar”. Coa apertura do estacionamento colocáronse sinais prohibindo circular “que tristemente vemos que non se respetan”.
A responsable de Turismo, que ten previsto reunirse xunto co alcalde cos veciños de Pazos en próximas datas, explica que “toda esta actuación se realizou pensando sempre no interese xeral, no respeto ao medio e ao entorno, en ofrecer un servizo axeitado aos milleiros de visitantes e tamén en respetar a tranquilidade e a propiedade privada dos veciños e veciñas de Pazos, apostando por poñer en valor un dos nosos grandes tesouros”, engade.