O Concello de Silleda continúa apelando á responsabilidade cidadá para respetar a emerxencia sanitaria

Silleda, 17 de marzo de 2020.  O Concello de Silleda continúa apelando á responsabilidade da cidadanía á hora de respetar o establecido no Estado de Alarma e de Emerxencia Sanitaria que se declarou o pasado sábado.  O alcalde, Manuel Cuiña, lembra que no Concello se rexistrinxiron horarios de traballo e se pecharon as instalacións xa o pasado venres, atendendo só presencialmente “ e só para casos urxentes no Rexistro e en Servizos sociais. As persoas que non respeten a normativa vixente expóñense a sancións económicas.

Por outra banda, o Concello continúa a colaborar estreitamente cos centros de saúde do municipio. Así, están xa habilitados a petición do personal sanitario espazos para que as persoas ás que se administra Sintrom, -un dos grupos de risco do COVID 19- non teñan que entrar aos ambulatorios e se poidan facer as probas fóra.

O espazo está acotado tando no Centro de Saúde de Silleda coma no ambulatorio da Bandeira, onde o personal municipal instalou xa vallas nas que se informa da reserva do espazo para este tipo de pacientes.

 Agradecementos

Así mesmo, dende o Concello agradécese o xesto de empresas, comercios, e da comunidade china en Silleda, que están a donar material para a prevención dos traballadores que se distribuíu nos centros públicos, incluidos os centros de saúde. Tamén se agradece a disposición de persoas que, de xeito voluntario, están a dirixirse ao Concello por se poden ser de axuda á hora de atender por exemplo a persoas maiores que viven solas. “En tempos de crise a solidariedade volve aflorar unha vez máis, algo do que todos nos debemos de sentir orgullosos”, indica o alcalde, reiterando a necesidade “de que respetemos o estado de alarma vixente, quedando na casa”.