Silleda, 8 de febreiro de 2017-. Dende o Concello de Silleda continúase a atender aos veciños e veciñas que sufriron danos na pasada fin de semana por mor do temporal.
Á espera de que dende as Administracións superiores se habiliten liñas de axuda ante as graves consecuencias dos ciclóns, no Concello de Silleda recolleránse as demandas dos veciños e veciñas a fin de mantelos informados para cando se habiliten as citadas axudas.
Do mesmo xeito, na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) comezaron tamén a rexistrarse as primeiras consultas para reclamacións a compañías de luz, ante os cortes de subministro do últimos días. Dende a OMIC aténderanse todas estas consultas informando sobre cómo proceder e facilitando xa os formularios correspondentes.
“Ademais de axudar aos nosos veciños e veciñas a tramitar as axudas, que esperamos se habiliten o antes posible, tamén nos sumaremos como entidade local ás demandas pola gravísima situación que provocou para moitos dos nosos veciños e veciñas a falta de suministro eléctrico durante varios días”, apunta o alcalde Manuel Cuiña.