-Operarios municipais continúan co bacheo en puntos da parroquia de Vilar, que farán extensivos nos próximos días a outras parroquias de Silleda
Silleda, 27 de maio de 2016. O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, continúa co plan de bacheo municipal para a reparación do firme en zonas onde as choivas do inverno provocaron danos.
Os traballos están tendo lugar esta semana en puntos das parroquias de Vilar e Taboada, e continuarán nos vindeiros días en Ponte, para prolongarse despois ao resto das parroquias, facéndoo extensivo así a todos aqueles puntos que o precisen.
O concelleiro de obras pide paciencia aos veciños, xa que o arranxo das pistas vai chegar a todas as localidades, pero por orde, dando preferencia a aquelas que están máis deterioradas.
Traballos coa maquinaria da Mancomunidade
Así mesmo a maquinaria da Mancomunidade Terras do Deza apura os últimos días da quenda que lle corresponde ao concello con traballos en camiños da parroquia de Parada, que se trasladarán despois ata Cortegada onde finalizarán o seu servizo.