-Esta pasada semana celebrouse un encontro co técnico de Quorum, firma vinculada á USC, para falar do avance deste proxecto, que centraba o programa de goberno de Manuel Cuiña
Silleda, 27 de febreiro de 2016. Na pasada semana tivo lugar outra das reunións para a posta en marcha do Centro de Desenvolvemento Agrario, a gran aposta do programa de goberno de Manuel Cuiña.
En esta ocasión, o alcalde e máis o técnico da empresa responsable do proxecto desprazáronse ata o edificio que albergará a futura sede do centro nun futuro próximo, e que hasta fai ben pouco acolleu á Escola de Música de Silleda. Alí recolleron as instalacións, e sentaron os procesos a seguir para botar a andar este ambicioso proxecto.
Así, está previsto que a curto prazo, probablemente a finais do próximo mes de marzo, se organicen xornadas formativas e divulgativas, que terán un carácter gratuíto e irán dirixidas a todas aquelas persoas interesadas nos cultivos do Centro, ou a calquera que teña algunha inquedanza relacionada co sector agrícola, con inscrición previa. A temática a tratar será variada, impartida por xente experimentada, e irase avanzando en próximos días.
Tamén con motivo da entrada da primavera, tratarase de poñer en marcha os primeiros cultivos de horta en bancadas. Para iso estase a valorar a posibilidade de que sexan persoas voluntarias as que acondicionen os terreos municipais do Centro Agrario situados en Ponte, a cambio de que poidan dispoñer dunha parcela para o aproveitamento da mesma, cultivando e recollendo integramente o resultado económico que isto produza. En todo este proceso, os voluntarios estarían formados e asesorados en todo momento pola Escola Agraria que se creará dentro do proxecto, onde a formación será un dos eixos do mesmo.
Ademais de todos estes avances, a empresa Quorum segue coa elaboración do mapa agrario, un estudo preliminar consistente na recollida de información estatística e do medio físico do ámbito de estudo que comprende todo o termo municipal de Silleda, e que se prevé que estea rematado en breve.