-Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de 9 meses
Silleda, 21 de xaneiro de 2023. O Concello de Silleda contará cun total de 12 persoas como novas operarias por un periodo de 9 meses. Esta contratación levarase a cabo a través da Liña 3 do programa Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego.
En total destínanse a este programa 187.290,54 euros, a maioría aportados pola Deputación de Pontevedra (185.290,54 euros).
Para este exercicio, a oferta inclúe unha praza de condutor/a de camión, e 11 persoas como peóns de obras públicas, para a realización de tarefas vinculadas ao plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
Estes foron os postos solicitados polo Concello de Silleda a través deste plan dentro da chamada liña 3. Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos nos vindeiros meses.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases que rexerán no proceso de selección destas persoas, e que se realizará ao igual que se vén realizando nos últimos anos a través do Servizo Galego de Colocación, (Oficina de Emprego), que enviará aos candidatos/as para realizar despois no Concello un concurso de méritos e entrevistas. Estes contratos laborais serán a tempo completo, de 37,5 horas semanais.
“Un ano máis volvemos a contar con personal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuir a creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos á nosa veciñanza”, engade o alcalde, Manuel Cuiña.
A continuación figuran as bases que rexerán o proceso de selección: