Silleda, 16 de decembro de 2016. O Concello de Silleda e a Diputación de Pontevedra continúan colaborando coa edición de “Cultura Rural” a publicación da Asociación Feiral Semana Verde de Galicia. O alcalde, Manuel Cuiña, fixo onte entrega dos 2.100 exemplares do último número da publicación impresos polo organismo provincial ao vicepresidente primeiro da entidade, Jesús Taboada Leira.
Dende a asociación, lembran que esta revista se distrubúe non só entre os numerosos socios da entidade senon tamén nos Concellos da comarca do Deza e Tabeirós e outras institucións.
O número 14 de Cultura Rural, que vén de editarse, recolle reportaxes e informacións sobre artesanía, o Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda, e outras iniciativas relacionadas co desenvolvemento da zona. “Trátase dunha iniciativa que serve para amosar o traballo de entidades e emprendedores poñendo en valor moitas iniciativas e respondendo á vocación coa que naceu a Asociación Feiral”, indica o alcalde.