A concelleira Ángela Troitiño visitou a sede da asociación en Santiago coa fin de coñecer tamén os recursos dispoñibles para persoas e familias deste colectivo
A concelleira de Benestar, Educación e Igualdade, Ángela Troitiño, desprazouse hai uns días a Santiago para participar nunha xuntanza con responsables da Fundación Secretariado Gitano.
A xuntanza, á que tamén asistiron a traballadora social e a educadora social de Silleda, tiña como obxectivo coñecer de primeira man cal é traballo que se desenvolve na Fundación, así como cales son os recursos específicos cos que contan as persoas e as familias xitanas, ademais de estudar liñas de colaboración entre o Concello de Silleda e a Fundación Secretariado Gitano.