Silleda, 22 de xuño de 2015. Hoxe celebrouse no Concello de Silleda a primeira reunión da nova lexislatura entre o goberno munincipal e o sindicato Unións Agrarias.
O alcalde, Manuel Cuiña, e o concelleiro de Medio Rural, Jesús Taboada, mantiveron un encontro co secretario comarcal de UUAA, Román Santalla, e membros do equipo de Silleda, no que ambas partes puxeron en común as súas propostas para o desenvolvemento do rural, coa creación de emprego e a xeración de actividade económica no rural como obxectivos fundamentais. “Tal e como explicamos durante a campaña, o desenvolvemento do rural será unha das nosas máximas prioridades, coa aposta por estas iniciativas”, sinala o alcalde.
Así, dende o goberno municipal Cuiña e Taboada, explicaron aos membros de Unións os proxectos para a creación de unha Escola Agraria e un Centro de Desenvolvemento do Rural, un dos piares do programa electoral do PSOE.
E na mesma liña, dende o sindicato agrario se propuxo impulsar a agricultura e a gandeira ecolóxicas, “unha acción ligada tamén á creación de emprego”, indica Santalla. Outra das propostas ten como protagonista o apoio ao comercio de proximidade, cuestión tamén vencellada ao proxecto que poñerá en marcha o Concello, e que inclúe a creación de canales de distribución para os produtores.
Apoio ao sector leteiro e reunión mañá en Lalín
Por outra banda, dende o sindicato tamén se solicitou o apoio ao sector ante a crise que está a vivir a producción láctea. “Dende o Concello de Silleda reiteramos unha vez máis o noso total apoio ao sector gandeiro nestes momentos, ao igual que fixemos noutras ocasións”, engade Cuiña.
O vindeiro xoves UUAA levará xa na reunión do seu comité xa se dará conta do apoio dos concellos ao sector.
Por outra banda, o alcalde de Silleda ten previsto manter mañá pola tarde un encontro co rexidor de Lalín, Rafael Cuiña. “Neste primeiro encontro de toma de contacto entre os Concellos, para abordar distintas cuestións, tamén falaremos do necesario apoio ao sector gandeiro, tendo en conta o peso de Silleda e Lalín no sector agrogandeiro de Galicia”, explica o alcalde.