Silleda, 3 de maio de 2019. O vindeiro xoves día 9, Día da UE, entregaránse no Concello de Silleda os premios do certame do concurso de carteis con motivo do Día de Europa, que se convocou por primeira vez este ano.
O certame contou cun total de 38 participantes e os traballos estarán expostos a partir da vindeira semana na Casa da Xuventude.
Na categoría de 0 a 5 anos o primeiro premio é para Naiara Datorre, de 3 anos, e outórganse dous accésits a Arturo Valladares Zamora e Uxía Sánchez Regalade.
Na categoría de 6 a 12 anos o premio e para Constantín Euduardo Pop e logran accésits Pedro Casal Senín, Andrea Piedras Balboa e Ánxela Malta.
Xa na categoría de 13 anos en adiante o premio é para Marta Lázara Otero, concedéndose accésits para Lara Fandiño Abeledo, Álvaro Lázara Fernández e Antía Fernández García.
A entrega dos premios terá lugar no Salón de Plenos o xoves día 9 ás 17:00 horas, nunha xornada na que os cativos participantes gravarán tamén vídeos explicando o significado dos seus carteis, ademais de enviar un saúdo aos pobos irmáns de Caneján, Poggio Mirtetto e Paredes de Coura.
Silleda estrenouse o pasado verán como localidade de acollida dun intercambio internacional, que este ano se trasladará a Italia na primeira semana de agosto. “Con este concurso tratamos de fomentar o sentimento de pertenza á UE e continuar estreitando lazos coas localidades cas que asinamos irmandamentos nos últimos anos”, explica o alcalde, Manuel Cuiña Fernández.