-Os planos estarán expostos este xoves e o venres Casa da Cultura, ademais de nesta web municipal, dado que a situación sociosanitaria non permite a día de hoxe realizar unha convocatoria pública. Poderán facerse suxerencias ao deseño que se presenta
Silleda, 17 de novembro de 2020. O Concello de Silleda expón un avance do deseño da remodelación da rúa Progreso, actuación para a que se recibiu unha subvención de preto de 700.000 euros.
A veciñanza poderá consultar o avance, en paneis sencillos e de fácil comprensión, este xoves día 19, o venres 20, en horario de 10:30 a 15:00 horas na Casa da Cultura de Silleda, sita na mesma rúa Progreso. Todas as persoas que o desexen poderán deixar a súa suxerencia por escrito nun buzón e o Concello disporá de persoal para controlar o acceso e velar polo cumprimento das normas de prevención da Covid-19.
Precisamente pola situación e as restriccións sociosanitarias (que só permiten reunión en interior de 30 persoas) a exposición se fai desta maneira, en lugar de cunha convocatoria pública. Tamén se pode consultar na web nesta mesma entrada, pinchando nos documentos adxuntos. Tamén se poden remitir suxerencias ao mail info@silleda.gal.