A cidadania pode contribuir con alimentos e produtos de primeira necessidades como auga, leite embutidos, pan de molde, latas de atún ou produtos de limpeza persoal e doméstica, pañais e compresas
Pódense depositar de 8.00 a 15.00 horas na Casa do Concello, en Silleda, e de 16.00 a 21.00 horas no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira
O Concello de Silleda anuncia a habilitación de espazos para a recollida de alimentos e materiais básicos, destinados a apoiar ás persoas afectadas pola DANA na Comunitat Valenciana. Esta acción enmárcase na colaboración coordinada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Delegación do Goberno en Galicia, e tamén á vista do comunicado emitido onte á tarde pola Federació Valenciana de Municipis i Provincies, no que se solicita colaboración.
A cidadanía de Silleda poderá contribuír con alimentos e produtos de primeira necesidade, tales como auga, leite, embutidos, pan de molde, latas de atún, produtos de limpeza persoal e doméstica, cueiros e compresas. Estes artigos serán centralizados e enviados baixo a supervisión da FEGAMP para garantir unha axuda eficaz e organizada.
Poden depositarse entre as 8:00 e as 15:00 h na Casa do Concello de Silleda e de 16:00 a 21:00 h no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira
Ademais, infórmase que tamén se poden realizar colaboracións económicas a través dos canais habilitados pola Cruz Vermella Española. As doazóns poden efectuarse mediante transferencia bancaria, Bizum ou SMS. Para máis información sobre como colaborar economicamente, pódese consultar a páxina oficial da Cruz Vermella Española, ou nas redes sociais do Concello
Esta iniciativa, en liña co compromiso solidario de Silleda, busca ofrecer apoio inmediato ás comunidades afectadas en Valencia, contando coa colaboración de todas as persoas que desexen participar.
Contacto cos voceiros e as asociación