Silleda, 20 de decembro de 2017. O Concello de Silleda vén de incorporar ao parque móbil municipal un novo tractor, a través dun convenio coa Consellería de Medio rural. Este novo equipamento complétase con dúas desbrozadoras (unha de arrastre e outra de brazo).
A compra foi adxudicada á firma Maxi Deza, que presentou a mellor oferta das solicitadas, cun importe de 97.800 euros. O convenio enmarcase nas tarefas de desbroce infraestructuras rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal. O novo equipamento confinanciase entre as dúas administración, aportando as arcas municipais o importe correspondente ao IVE. Esta medida complementa outras iniciativas coma o convenio para a prevención e defensa contra incendios forestais.
“Con esta nova dotación melloraremos o servizo de limpeza viaria no rural, cunha extensa rede de pistas”, indica o alcalde, que hoxe se achegou ata o polígono empresarial para recibir o novo equipamento de maquinaria xunto co concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, e o titular de Medio Rural, Jesús Taboada.