A resolución provisional foi aprobada na última Xunta de Goberno Local e pode consultarse no taboleiro de anuncios do Concello
O goberno municipal de Silleda vén de aprobar na súa última sesión, celebrada o pasado venres 14 de xuño, o reparto das axudas a entidades para a realización de actividades culturais, para entidades deportivas e para aquelas de participación social e/ou veciñal.
En total outorgaranse 104.000 euros nas tres liñas de axuda, destinándose 23.000 euros para as asociacións culturais (ás que hai que sumar as aportacións nominativas para as dúas bandas de música, con 20.000 e 15.000 euros respectivamente); 35.000 euros para as asociacións deportivas; e 11.100 euros para as asociacións veciñais e/ou de participación social.
A proposta, coa relación de beneficiarios e a puntuación, quedará exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios da sede electrónica. Esta resolución xa lle foi comunicada nas últimas horas tamén aos colectivos, que disporán dun prazo de 10 días (contados a partires da recepción da resolución) para a aceptación da resolución.
A comisión de valoración outorgou unha serie de puntuacións tendo en conta os criterios recollidos nas bases destas tres convocatorias, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP de Pontevedra) .
Subvencións culturais e veciñais
Nas subvencións culturais o reparto tamén tivo en conta –tal e como establecen as bases- as necesidades de agrupacións de coro e de baile tradicional no que atinxe aos gastos de dirección. Así, nesta liña a proposta recolle o seguinte reparto para 15 entidades: 3.083,03 euros para a Coral Polifónica Trasdeza; 3.764,24 euros para a agrupación Xirandola; 1.037,58 para a Asociación Feiral Semana Verde; 907,88 euros para Coto do Castelo de Graba e Festibandeira, respectivamente; 1.137,58 para a asociación O Cruceiro de Breixa; 648,48 para a Asociación Cultural Festa dos Callos; 778,18 euros para Aupa Deza; 2.464,24 euros para o Coro Vales Mahía; 1.167,27 para a asociación Amigos da Banda de Música de Silleda; 3.731,52 euros para a Asociación Cultural Vista Alegre; 1.296,97 para a Ana Musiquiños; 648,48 euros para Gaiteiros da Pereiriña e para a Asociación de Mulleres Rurais de Dornelas, respectivamente; e 778,18 euros para a Asociación Sociocultural de Cortegada.
No referente á convocatoria de subvencións de carácter veciñal e/ou participación social, o listado de beneficiarios batiu récord respecto ao número de solicitudes, cun total de 17 entidades solicitantes. O listado inclúe a Asociación de Veciños de Negreiros, con 421,59 euros; Copa do Castro, con 662,50 euros; A Costa de Abades, con 602,27 euros; Asociación San Miguel de Lamela, 943,18 euros; Avecuco de Cortegada, con 843,18; Vilar de Trasdeza, con 762,50 euros; Avema Manduas, con 662,50 euros; a asociación Santiago Apóstolo de Taboada, con 642,05 euros; a asociación cultural e veciñal Axóuxere de Fiestras, con outros 602,27 euros; San Félix de Margaride, con 421,59 euros; Asociación de Veciños San Miguel de Siador, con 301,14 eurosMulleres do Municipio de Silleda, con 662,50; Anpa Brincadeira e Anpa Raparigos, con 843,18 euros respectivamente; Mulleres Rurais Fervenza do Castelo, con 421, 59; Asociación de Veciños de Laro con 461,36 e Asociación de Veciños de Parada con 1.003,41 euros.
Subvencións deportivas
Na liña das subvencións deportivas concorreron en total . O reparto, para a tempada 23-24 que vén de rematar inclúe a Escola de Futbol de Silleda, con 5.926,10 euros; Amigos do Fútbol CAF con 187,14 euros; a SD Bandeira con 6.175,62 euros; SPD Deza Pádel con 2.120,92 euros; a Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda con 2.931,86 euros; a SD Silleda, CF Lamela e CF Laro, con 3.430,90 respectivamente; 998,08 euros para cada un dos dous clubs de pesca deportiva (Castillo Ulla -Deza e Río Deza); 2.370,44 euros para o Club Petanca Bandeira; 1.996,16 euros para BTT Trasdeza; e 998,08 para RG Bikes Scott Team.
Subvención nominativa ás bandas de música
Polas súas especiais características de funcionamento e a labor didáctica que realizan, este ano novamente a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira terán subvención nominativa, sen concorrer cos demais colectivos, con axudas respectivamente de 20.000 e 15.000 euros, que se deben de xustificar con gastos e facturas ao igual que no resto dos casos.
En total todas estas axudas suman máis de 100.000 euros “unha cantidade novamente histórica que ven a reforzar a actividade e a gran dinamización que realizan os colectivos silledenses”, indica a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando que ademais, o Concello de Silleda colabora en outras moitas actividades organizadas polas asociacións e clubes.
Prazo de xustificación
En canto aos prazos de xustificación, as entidades beneficiarias terán que presentar a documentación, que se colgará na web, e as facturas correspondentes para cobrar estas axudas antes do vindeiro 30 de novembro.
Os acordos de concesión das subvencións municipais 2024 pódense consultar nos arquivos adxuntos.