
A resolución provisional foi aprobada en Xunta de Goberno Local e poderá consultarse na web municipal
Silleda, 30 de xullo de 2025. O goberno municipal de Silleda vén de aprobar o reparto das axudas a entidades para a realización de actividades culturais, para entidades deportivas e para aquelas de participación social e/ou veciñal.
En total outorgaranse 104.000 euros nas tres liñas de axuda, destinándose 23.000 euros para as asociacións culturais (as que hai que sumar as aportacións nominativas para as dúas bandas de música, con 20.000 e 15.000 euros respectivamente); 35.000 euros para as asociacións deportivas; e 11.100 euros para as asociacións veciñais e/ou de participación social.
A proposta, coa relación de beneficiarios e a puntuación, poderá consultarse na web municipal. Esta resolución xa foi comunicada nas últimas horas tamén aos colectivos, que disporán dun prazo de 10 días (contados a partires da recepción da resolución) para a aceptación da resolución.
A comisión de valoración outorgou unha serie de puntuacións tendo en conta os criterios recollidos nas bases destas tres convocatorias, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP de Pontevedra) .
Subvencións culturais e veciñais
Nas subvencións culturais o reparto tamén tivo en conta –tal e como establecen as bases- as necesidades de agrupacións de coro e de baile tradicional no tocante aos gastos de dirección. Así, nesta liña a proposta recolle o seguinte reparto para 15 entidades: Asociación Feiral Semana Verde (1.238,94 euros); O Cruceiro de Breixa (970,95 euros); Amigos da Banda de Silleda (1.500 euros); Asociación Cultural Vista Alegre (3.427,70 euros); Xirandola (3.175,90 €); O Son da Fervenza (937,95€); Coro Vales Mahía (2.004,95); Festibandeira (736,96 euros); Coral Polifónica Trasdeza (2.947,93 euros); Asociación Cultural Gaiteiros da Pereiriña (736,96 euros); Aupa Deza (900 euros); Asociación Cultural Festa dos Callos (803,96); Coto do Castelo de Graba (1.205,93); Mulleres Rurais Santa Isabel (870,95) e Anpa Raparigos (1.540,92 euros).
No referente á convocatoria de subvencións de carácter veciñal e/ou participación social, o listado de beneficiarios complétase cas 13 entidades solicitantes. Nel figuran a Asociación de Veciños de Negreiros, con 735 euros; Copa do Castro, con 1.045euros; A Costa de Abades, con 782,50 euros; Asociación San Miguel de Lamela, 1.150 euros; Avecuco de Cortegada, con 682,50; Vilar de Trasdeza, con 940 euros; Avema Manduas, con 577,50 euros; a asociación Santiago Apóstolo de Taboada, con 782,50 euros; a asociación cultural e veciñal Axóuxere de Fiestras, con outros 682,50 euros; Asociación de Veciños San Miguel de Siador, con 787,50; Anpa Brincadeira, con 945 euros; Anpa Musiquiños , con 1.050 e Asociación de Veciños de Parada con 940 euros.
Subvencións deportivas
Na liña das subvencións deportivas concorreron menos clubs que en anos anteriores e dúas solicitudes quedaron fóra ao non figurar as entidades no Rexistro Municipal de Asociacións, tal e como establecen as bases. O reparto, inclúe a Escola de Futbol de Silleda, con 6.749,07 euros; Amigos do Fútbol CAF con 800 euros; a SD Bandeira con 7.332,41euros; SPD Deza Pádel con 3.735,18 euros; a Sociedade de Caza, Pesca e Tiro de Silleda con 2.957,41 euros; a SD Silleda, 3.151,86 euros; 3.249,07 euros para o Club Petanca Bandeira; CF Lamela con 3.249,07 euros; 2.082,41 euros para BTT Trasdeza; e 1.693,52 para RG Bikes Scott Team.
Subvención nominativa ás bandas de música
Polas súas especiais características de funcionamento e a labor didáctica que realizan, este ano novamente a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira terán subvención nominativa, sen concorrer cos demais colectivos, con axudas respectivamente de 20.000 e 15.000 euros, que se deben de xustificar con gastos e facturas ao igual que no resto dos casos.
En total todas estas axudas suman máis de 100.000 euros “unha cantidade novamente histórica que ven a reforzar a actividade e a gran dinamización que realizan os colectivos silledenses”, indica a alcaldesa, Paula Fernández, lembrando que ademais, o Concello de Silleda colabora en outras moitas actividades organizadas polas asociacións e clubes.
Prazo de xustificación
En canto aos prazos de xustificación, as entidades beneficiarias terán que presentar a documentación, que se colgará na web, e as facturas correspondentes para cobrar estas axudas antes do vindeiro 30 de novembro, incluindo ademais unha memoria fotográfica das actividades realizadas-tal e como se recolle nas bases- xunto coa conta xustificativa .
Adxuntamos as tres actas nos seguintes enlaces:
20250703_Acta_ACTA SUBVENCIÓNS VECIÑAIS 2025 (1)
